A LEXITIMIDADE
 

O dereito, como temos visto, defínese como o conxunto de normas (código) que regula e define a vida social no ámbito público e tamén, aínda que con máis restriccións no ámbito privado. O código legal é un código asumido convencionalmente e aplicado por medio da coacción. Os cidadáns e cidadanas cumpren a lei porque o Estado, con todo o seu poder, fai que se cumpra. Esta coacción externa que, en ocasións, pode mesmo violentar a liberdade individual, require unha reflexión acerca da lexitimidade da aplicar normas que violenten o que temos de máis humano: a liberdade individual. Se o dereito ten que ser asumido por todos/as, é necesario que se fundamente. Para analisar a lexitimidade dun código legal deberemos observa se:

As súas normas están ben establecidas, é dicir a súa validez
Se o estado que prescribe e as fai respectar, é un Estado xusto. Debemos considerar a xustiza do Estado en relación a dúas cuestións fundamentais:
A súa orixe. Para iso será necesario establecer en base a que principios fundamentais se construeu o estado (como democracia, como dictadura...)
O exercicio polo que fai uso do poder. Para iso deberemos analisar as relacións individuo-estado e tamén os posibles abusos de poder, violación dos dereitos humans...
Ao longo deste tema plantexaremonos, unha a unha todas estas cuestións, para rematar tentando poñer as bases par un estudio ético-legal do concepto de xustiza que nos permita unha reflexión filosófica do problema da xustiza na nosa vida individual e nas sociedades contemporáneas.

1ª parte: A lexitimidadedos códigos
Como vimos, o feito de vivir en sociedade implica posuir códigos que regulen a nosa conducta, de xeito ue, ante situacións que afecten á convivencia cos demáis, sempre sepamos que é o máis convinte, tanto para nos, como para a sociedade no seu conxunto. Pero aínda podemos facernos algunhas preguntas ao respecto. ¿Debemos obedecer sempre estes códigos? ¿Tódolos códigos son igualmente válidos? ¿Como saber cando estamos ante un código que debemos obedecer? Respostar a estas cuestións só é posible buscando un criterio que nos permita decidir cando estamos diante dun conxunto de normas lexítimas, isto é, que son boas e as que, polo tanto debo obedecer.

Calquera código social establecese coa pretensión de que o obedezamos e cando o cuestionamos, o sector da sociedade que o propón ofrecenos un argumento (bo ou malo, correcto ou incorrecto) que "semella" probar o porque é correcto obedecelo. Algúns deste argumentos son simples ameazas, outros tratan de convencernos da bondade do código apelando á súa orixe ou ben non ofertan razóns que o fundamentan. O primeiro que temos que aprender é a distinguir entre as posibles fundamentacións que se fan dos códigos, logo poderemos tentar distinguir entre boas e malas argumentacións.

2ª parte: Ética e lexitimidade
Xa vimos nas leccións anteriores que as leis son válidas nun estado cando son establecidas mediante os procedementos que a sociedade establece. Unha lei válida obriga aos individuos mediante á coerción que lle impón o Estado, pero que as leis sexan lexítimas e obriguen ao individuo en concencia require, ademáis da validez, que o Estado que exerza a coerción teña, de feito, autoridade moral e non só poder fáctico para impoñelas.

A lexitimidade dun Estado pódese establecer en función da súa orixe, e iso é o que teñen tentado as diversas teorías da orixe do Estado: buscar unha orixe que, por ser moral e xusta, lexitime e fundamente o estado actual. De tódalas teorías expostas, só as teorías do contrato o conseguen, e, dentre elas só as que fundamentan os rexímenes democráticos conseguen ademáis garantir que o Estado segua a ser lexítimo durante toda a súa existencia.

Agora ben, mesmo nun Estado constituido democraticamente, segue a ser válida a cuestión de porque debo obedecer unha lei que vai claramente contra a miña conciencia. Neste sentido, é preciso que o Estado se lexitime, non só pola súa orixe, senón polo xeito en que exerce o poder. Iso é o que se denomina unha lexitimación de exercicio. En caso de disidencia coa lei ¿que procedementos outorgan as diversas sociedades para poder poñer en cuestión esa lei que semella inxusta? Ise é o obxecto das dúas leccións que compoñen esta segunda parte:

lección 3: Estado e sociedad civil
lección 4: Os dereitos humanos