AS GARANTÍAS PROCESAIS

Nesta lección aprenderemos a recoñecer os distintos medios que os estados de dereito manteñen e propoñen para garantir que os dereitos dos ciudadáns son respectados ao longo dun proceso xudicial. Da estricta observancia destes medios dependerá a lexitimidade dun sistema xudicial. Ao mesmo tempo aprenderemos a recoñecer os sucesivos niveis do sistema xudicial en conexión con estes medios, para aprender de que xeito pode usalos o ciudadán ordinario.

Cuestións Previas

Na película No nome do pai de J. Sheridan narrase o juizo contra un mozos irlandeses acusados inxustamente de terroristas e no que non se prestan as debidas garantías procesais, con consecuencias nefastas para os acusados, pero tamén para o sistema xudicial.

Reflexiona e resposta:
¿Cres que no noso país se respectan os dereitos dos ciudadáns ante a xustiza? Pon alo menos un exemplo.¿Coñeces algún caso no que o trato a dous ciudadáns fora distinto ante a xustizia? ¿De qué dependeu a diferencia? ¿Cómo poderían evitarse esas diferencias?

Comprensión 1

foi famoso o caso de apelación apoiado por numerosas firmas e ongs internacionais interposto no caso de condena a morte de Amina Lawal, a muller nigeriana de 31 anos sentenciada a morrer lapidada por ter un fillo fora do matrimonio

A abogacía e as series de televisión

Podemos observar moitas referencias e teatralizacións da vida cotiá dos abogados en diferentes series. A tradición deste tipo de series vai dende Ironsaid ou Perry Mason ata produccións a lei dos Ánxos, Ally McBeal ou O Abogado, todas elas ambientadas no sistema xudicial norteamericano.

 

Investigación: As garantías e recursos

1. ¿Qué é o Habeas Corpus? ¿Cál foi a súa orixe? ¿Cres que é necesaria a vulneración deste principio nalgúns casos? Pon exemplos.

  • ¿En qué artígos da Constitución española se recollen o principio de Habeas Corpus e de presunción de inocencia?

  • ¿Cres que sempre se respecta a "presunción de inocencia"? ¿Cáles son as condicións que ten que cumprir un proceso para que se demostre que se cumpriu esta norma? ¿Os medios de comunicación poden impedir que se cumpra este principio? Pon un exemplo práctico.

  • Nun estado de dereito unha das principais garantías procésais é a asistencia de letrado, mesmo gratuita (abogado de oficio) para garantir a mellor defensa posible. ¿Qué condicións ten que cumprir un inculpado para que a xustiza lle sexa impartida dun xeito gratuito? ¿Pensas que debería ser gratuita en calquera caso?

2. Investiga e resposta: Unha vez finalizado un proceso xudicial e establecida unha sentencia, o condeado pode aínda recorrela

¿Qué é un recurso? ¿Cántos tipos de recursos caben e cáles son as condicións para solicitalos?

 

Comprensión 2

Investigación: A función do sistema xudicial

1. Le o artigo da columna esquerda (pincha sobre el para agrandalo) e dá a túa opinión ao respecto. Se a técnica fora válida ao cen por cen, ¿sería xusta ou non a eliminación da pena unha vez solucionado o problema do delincuente?

  • Como di o artigo, na película A laranxa mecánica plantexase esta mesma problemática, volta a vela e resposta as cuestións ao respecto que poderás atopar na ficha de película.

 

2.Pensa nalgún caso en que un código penal moi duro empeore a situación delictiva, en vez de mellorarla.Despois escribe unha historia de ficción sobre o tema.

 

3. Debate. Plantexade os termos do mesmo respostando primeiro ás seguintes cuestións:

  • ¿cres que a principal función dun sistema xudicial e dun código é castigar aos delincuentes, evitar os delitos ou reformar aos trasgresores? ¿Qué modelo de Estado está máis de acordo coa túa definición?
  • ¿A quén quere protexer o sistema xudicial: á comunidade ou aos individuos? Pon exemplos
Información

É fundamental que en todo estado de dereito se respecten os dereitos dos ciudadáns. Como vimos en temas anteriores, o estado de dereito se define por poñer límites ao poder absoluto do Estado e, para iso, establece unha serie de procedementos e criterios, entre os que están a separación de poderes, o defensor do pobo, as liberdades de asociación e reunión, etc. O sistema xudicial, pola súa banda, require tamén que no seu ámbito se establezan os procedementos necesarios para garantir que o poder non se comporte de forma abusiva cos ciudadáns.

Procedementos legais de garantía de dereitos

Habeas Corpus: Consiste no dereito que debe ter o ciudadán detido ou preso por un delito a comparecer inmediata e publicamente ante un tribunal para que, oindoo, resolva se o seu arresto foi ou non legal e se debe manterse. Segundo os países, o tempo que debe transcorrer entre a detención e a posta a disposición xudicial varía. No noso país é de 48 horas, para facer que esto sexa posible, existen xulgados de gardia as 24 horas do día. Nalgúns momentos e países se quixo modificar este dereito, por exemplo no caso dos detidos por terrorismo, alegando que era necesario dar máis tempo aos corpos policiais para investigar e por en claro o delito e aos seus posibles cómplices. Sen embargo tal ampliación do marco temporal dese dereito ten levado, en ocasións, a que dereitos como o de la liberdade ou a dignidade foran conculcados polos corpos policiais e, polo tanto debe tomarse con moita precaución calquera medida neste sentido.

O «Habeas Corpus» ten demostrado históricamente a súa funcionalidade para protexer a liberdade dos ciudadáns. De ahí que a Constitución, no número 4 do artigo 17, recolla esta institución e obrigue ao lexislador a regulala, completando, deste xeito, o complexo e rematado sistema de protección da liberdade persoal deseñado pola nosa norma fundamental. A regulación do «Habeas Corpus» é, por conseguinte, un mandato constitucional e un compromiso dos poderes públicos ante os ciudadáns.

Aos efectos desta Lei consideranse persoas ilegalmente detidas:

  • As que o foran por unha autoridade, axente da mesma, funcionario público ou particular, sen que concorran os supostos legais, ou sen terse cumprido as formalidades e requisitos esixidos polas Leis.
  • As que estéan ilicitamente internadas en calquera establecemento ou lugar.
  • As que o estiveran por prazo superior ao sinalado nas Leis se, transcorrido este, non fosen postas en liberdade ou entregadas ao Xuíz máis próximo ao lugar da detención.
  • As privadas de liberdade a quen non lles sexan respectados os derechos que a Constitución e as Leis procésais garanten a toda persoa detida.

Os antecedentes históricos do Habeas Corpus atopánse no "libelo hominen exhibiendo" do dereito romano, na carta Magna de 1215, no Foro de Aragón de 1428, no Foro de Vizcaia de 1527, na Lei Inglesa de 1640 e na Acta de Habeas Corpus de 1679, concibido por primeira vez como unha forma de evitar os agravios e inxustizas cometidas polos señores feudais contra os seus súbditos ou persoas de inferior clase. Chamado así porque desde tempos remotos a orde a que nos referimos comezaba cas palabras "Ti tes o corpo" ou "que traias o teu corpo", é dicir, que o individuo recobre a posesión de sí mesmo, en toda a súa plenitude. Actualmente a principal institución no mundo, destinada a protexer a liberdade persoal contra as detencións arbitrarias ou ilegais, e así o recoñecen os pactos internacionais de dereitos humanos. Esta acción xudicial de amparo interpónse ante o xuíz para que calquera detido sexa levado á súa presencia, con obxecto de declarar acerca da súa liberdade ou da continuación como detido, segundo as acusacións e sospeitas que pesen sobre el.

Presunción de inocencia e asistencia de letrado: Un estado de dereito require tamén que se tomen todas as precaucións posibles á hora de acusar a un dos seus ciudadáns. Entendese que é mellor que un culpable estea na rúa, que a un inocente se lle conculquen os seus dereitos. Para previr este problema, o noso sistema xudicial obriga a que se proben as acusacións e non a que o acusado teña que probar a súa inocencia. En relación con isto establece tamén que se existe unha dúbida razoable acerca da culpabilidade do acusado (que pode estar baseada en probas circunstanciais e non directas) se sentencie a favor do reo (“In dubida, pro reo”).

Non hai dúbida, por conseguinte, de que o proceso penal é unha das instituciones xurídicas máis sensibles á protección dos dereitos fundamentais. Existe o risco de que crendo que o imputado é, xa dalgún xeito, culpable, se perda a idea de que é un cidadán baixo a presunción constitucional de inocencia, e de feito consideramos éste un principio básico do proceso penal; pero hai outros moitos dereitos fundamentais, como o da legalidade, a neutralidade do Xuíz, o dereito a un abogado, ou a nulidade da proba obtida con violación dun dereito fundamental.

Entre os Dereitos do imputado deben protexerse: a necesidade de que as decisións máis importantes se adopten sempre con audiencia do imputado; a prohibición de interrogalo sen ser advertido dos seus dereitos, entre elos o de gardar silencio, dereito a intérprete gratuito...; o dereito de defensa por sí mesmo e a contar cun abogado, tamén durante a execución da condea; a liberdade absoluta de declarar ou non e a prohibición de usar a violencia, ameazas, enganos ou ofrecementos, establecéndose sancións penais e disciplinarias para os funcionarios que incumpran tales deberes, e prohibición de utilizar as pruebas obtidas con trasgresión dos derechos antes sinalados .

Recursos: Ante calquera proceso xudicial concluso counha sentencia, pode aínda o condeado solicitar a revisión das actuacións dun xulgado por un órgano superior ou polo mesmo tribunal, cando non hai outro superior. Os recursos son un refuerzo de las garantías de derechos que deben de todos los ciudadanos para prevenir posibles erros nas actuacións xudiciais. Para utilizalos deben ocurrer algúns feitos ben en relación coa forma na que se levou a cabo o proceso, ben cos datos que se utilizaron no mesmo, ben coas actuacións previas ao proceso (policiais, de instrucción, etc.).Pódense distinguir dous tipos de recurso: ante un tribunal superior o ben ante o mesmo tribunal.

Recursos ante un tribunal superior:

Apelación: A causa se somete a un tribunal superior para correxir os posibles erros. Neste tipo de recurso se admiten: a determinación e cualificación de novo dos feitos, presentar novas probas ou a impugnación por infracción dalgunha norma procesal.
Casación: Consiste no recurso ante o tribunal supremo cando se vulneran os principios da lei ou as formas esenciais do xuicio (por exemplo a non asistencia de letrado). Tamén se pode aplicar este recurso nas causas civis se a sentencia foi contraria aos principios mantidos polo Supremo noutras sentencias.
De queixa: É o derradeiro recurso. Acódese a él no caso de que non caiba recurso de apelación, e sen embargo non se está de acordo co desenvolvemento do proceso.
De amparo: Este recurso presentase só no caso de que o ciudadán declarado culpable nun xuicio ou ben aquel que tivo unha sentencia desfavorable nunha causa civil entenda que se conculcou algún dos dereitos fundamentais recollidos na Constitución. Se presenta sempre ante o Tribunal Constitucional. Fundamentalmente este recurso refierese a algúns principios, non todos, os que supoñen garantías de dereitos fundamentais (os recollidos nos arts. 14 a 29 da Constitución)

Recurso ante o mesmo propio tribunal:

De reposición: É un recurso previo ao de apelación que só afecta á instrucción de causa (feitos nos que se funda, probas, etc.), un bo exemplo deste tipo de recurso son as reposiciones ante as multas de tráfico. Sempre se presentan ante un órgano unipersonal (administrativo ou xudicial)

De súplica: É un recurso similar ao anterior pero que se presenta ante un órgano colexiado (tribunal)

De revisión: Cando, tras varias sentencias definitivas, cambien importantes elementos do xuizo que obriguen á reconsideración do caso á luz de novos feitos. Estes elementos poden ser: A aparición de documentos decisivos, a desestimación de probas sen o coñecemento dunha das partes, que as testemuñas mantiveran falso testimonio demostrado ou se a sentencia se fixo firme gracias a maniobras fraudulentas.

Contencioso-Administrativo: Presentase cando se entende que un acto administrativo (por exemplo a denegación dunha beca, a aplicación dun imposto...) lesiona os dereitos dos ciudadáns. As condicións nas que debe aplicarse son: que a resolución se dicte pola administración en virtude de algunha norma (non é válido para casos excepcionais), que se esgotasen as posibilidades de recurso de reposición e que o recorrente sexa titular do dereito sobre o que reclama.

As funcións do sistema xudicial: un debate social:

Cando os ciudadáns se enfrontan á resolución de conflitos a través do sistema xudicial, sempre se presentan situacións nas que os dereitos individuais entran en conflito. A resolución de tales conflictos pode solucionarse caso por caso (como nos sistemas de xurisprudencia ou dereito común, típico dos países anglosaxones) ou ben pode tentar solucionarse previamente, na formulación do código que se ten que aplicar para a resolución de conflitos (sistema de dereito positivo, como no caso español). Neste último caso a reflexión acerca de que dereitos deben prevalecer nun sistema xudicial é unha cuestión que non atinxe só ao corpo xudicial, se non a toda a comunidade política.

Nos estados de dereito considerouse fundamental protexer con garantías adicionais a relación dos individuos co sistema xudicial (presunción de inocencia, habeas corpus, recursos...), pero en ocasións estes dereitos chocan cos dereitos fundamentais das víctimas (á protección da vida, á seguridade, á saúde...). A comunidade política debe definir se é máis importante a liberdade individual ou a seguridade física dos individuos, tendo en conta sempre que, se tome a opción que se tome, esta terá consecuencias para a vida dos ciudadáns e as súas relacións co Estado.

En relación coas funcións do sistema xudicial, aparece ademáis a cuestión da finalidade dos castigos aos individuos. Se entendemos que o sistema xudicial ten fundamentalmente un carácter preventivo e/ou educativo estarán xustificadas opcións (reinserción de delincuentes, disminución das penas...) que no teríamos se consideramos que o seu carácter é puramente punitivo (resarcemento do dan ás víctimas e á sociedade).

Calquera das posicións anteriores dependerá, en última instancia, da noción de natureza humana que asumamos. Así, por exemplo, un pesimista acerca da natureza humana non creerá na posibilidade de reeducación dun delincuente, mentras que un optimista afirmará a radical natureza racional dos seres humanos e as súas posibilidades de recoñecer o ben, cando non existen impedimentos estructurais.

Outro dos problemas que poden centrar o debate acerca das funcións do sistema xudicial, ten un carácter máis político. Consiste en plantexar cal é a orixe da desobediencia ás leis, sobre todo en países democráticos. A través de estudios sociolóxicos e siquiátricos plantexouse a cuestión de que a violencia e o delito estéan orixinados, na meirande parte dos casos, por situacións de desigualdade social e marxinalidade producida polos sistemas económicos que fan que a educación moral e social dos individuos sexa insuficiente e o seu crecemento e desenrrolo racional estea comprometido. Esta situación social fai reflexionar ao teórico do dereit sobre a responsabilidade da propia sociedade no delito, o que fai que o individuo non sexa o único responsable das súas accións.

Leer máis textos>>